Tuesday 21 de May de 2024

O IES Nº 1 celebrará mañá xoves o acto de graduación dos seus estudantes de segundo de bacharelato


120 mozos e mozas recollerán na casa da cultura os seus títulos e orlas

O alumnado de segundo curso de bacharelato do IES Nº1 de Ordes celebrará mañá xoves, 26 de maio, o seu acto de graduación. Este terá lugar ás 19 horas no auditorio da casa da cultura. En total participarán 120 estudantes, os cales estará arroupados polos seus familiares. Ademais da entrega dos títulos e das orlas o acto tamén contará coa intervención de membros da directiva e do cadro de profesorado.

Paralelamente tamén se entregará o V Premio de Poesía Carme Villaverde, organizado polo mesmo instituto e dirixido a estudantes de toda Galicia. Nesta última edición a galardoada será Alba Carnota Amor, de 13 anos e estudante de segundo de ESO no CPI Ponte Carreira.